Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bando da Alcaldía: Restricións nivel alto

Debido ao aumento de casos positivos detectados ao longo das últimas semanas, o Concello de Bueu pasa ao nivel alto pola Covid-19, unha decisión adoptada polo Comité Clínico da Xunta de Galicia, e que supón unha serie de restricións que entran en vigor o venres 30 de xullo ás 00.00 horas, algunhas das que se detallan a continuación:

1. Reunións sociais: Limítase a permanencia en grupos ata un máximo de seis persoas, en espazos pechados e dez persoas, en espazos abertos ou ao aire libre. Entre as 1.00 e as 6.00 horas, só se permiten reunións de persoas conviventes.

2. Uso da máscara: A máscara será obrigatoria en todo momento, tanto en espazos pechados de uso público como abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

3. Hostalaría e restauración: Permitido o consumo no interior con limitación ao 50% . A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas. Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas. Para o acceso ao interior requiriráselles ás persoas maiores de 12 anos a presentación dun certificado de ter a vacinación completa, ou unha PCR negativa nas últimas 72 horas. Horario do peche ao público: ás 23:00 horas ca opción de pechar ás 1:00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura.

4. Quedan prohibidas as festas, verbenas e atraccións de feira. Os concertos e espectáculos públicos poderán celebrarse cumprindo coas medidas establecidas nos respectivos protocolos, co público sentado en butacas e un rexistro previo de asistentes.

O Concello quere lembrar que estas son as restricións aprobadas por parte da Xunta de Galicia e publicadas no DOG, posto que a institución municipal non ten capacidade normativa. Así e todo, apélase á responsabilidade cidadá para que se cumpra estritamente coas medidas e se actúe con cautela.

Máis información: Diario Oficial de Galicia (DOG) ou enhttps://coronavirus.sergas.es/Contidos/Nivel-Restricion-Alta