Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aberto o prazo de preinscrición para o programa formativo de Xestión Agroforestal sustentable 2019 do GDR Pontevedra Morrazo

Dende o luns 01 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os vindeiros meses de maio e xuño.

No marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, o GDR Pontevedra Morrazo deseñou o programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal.

O programa formativo de 54 horas lectivas, ten unha dobre finalidade:

• Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.

• Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

Para isto, o programa formativo centrarase en:

• Reforzar o papel das actividades agrarias, gandeiras e forestais, como eixe para a dinamización social e económica do territorio, isto é, a activación do capital social: implicar a iniciativas que xa están en marcha, procurar novos aproveitamentos, ou aproveitamentos alternativos aos actuais, etc.

• Introducir criterios técnicos e aprendizaxes no conxunto de actividades que leven implícita esa xestión agroforestal sustentable.

Nesta edición de 2019, a proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver baixo a metodoloxía de “formación-acción” serán os seguintes:

  1. Horticultura ecolóxica (17h.) Abordaranse contidos de:

  • Introdución á xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico

  • Requisitos xerais sobre a normativa de agricultura ecolóxica

  • Manexo do solo en cultivos ecolóxicos

  • Deseño do horto ecolóxico

  • Rego e operacións culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo

  • Operacións de cultivo

  • Fertilización

  • Bases para a elaboración de compost

  • Sementeiros: preparación de plantas para o horto

  • Invernadoiros

  • Asociacións e rotacións de cultivos

  • Pragas e enfermidades. Tratamento e control

2. Sistemas gandeiros ecolóxicos (9h.) Abordaranse contidos de:

Apicultura ecolóxica:

  • A produción apícola dende o punto de vista ecolóxico

  • A abella e o apicultor. Colmeas

  • Instalación do apiario. Transhumancia

  • Os produtos. Extracción

  • Manipulación de colmeas. Alimentación e multiplicación

  • Pragas e enfermidades. A Velutina

Ovino e caprino ecolóxico:

  • Instalacións, maquinaria e equipos na explotación

  • Alimentación

  • Manexo de praderías e cultivos forraxeiros

  • Manexo reprodutivo e bases da sanidade

Porcino ecolóxico:

  • Instalacións, maquinaria e equipos

  • Alimentación en ecolóxico

  • Manexo reprodutivo e bases da sanidade en porcino ecolóxico

  • Cría e cebo en porcino en ecolóxico

  • Manexo de praderías e cultivos forraxeiros en porcino ecolóxico

3. Xestión sustentable do monte e producións alternativas (12h.) Abordaranse contidos de:

  • Os sistemas agroforestais

  • Os sistemas agrícolas, forestais e agroforestais e a PAC

  • A xestión forestal: viveiros, silvicultura de coníferas e silvicultura de frondosas (castaño, carballo, nogueira,…)

  • Usos alternativos dos sistemas agroforestais

  • Prevención de sistemas agroforestais

O castiñeiro

  • Edafoloxía, ecoloxía e fisioloxía do castaño

  • A multiplicación do castaño. A poda

  • Fitopatoloxía do castaño. Prácticas culturais

Micoloxía como alternativa produtiva forestal

  • Xeneralidades. Ordenación taxonómica

  • Reprodución

  • Métodos de clasificación

  • Detalle de familias, xéneros e especies

  • Fungos comestibles e as súas parellas tóxicas

4. Sector ecolóxico-Comercialización, Responsabilidade Social Corporativa e Innovación (6h.) Abordaranse contidos de:

  • Responsabilidade Social Corporativa e Innovación

  • A importancia de vender: produto / marca / proxecto

  • Fases da venda (mercado local, feiras, grupos de consumo,..)

  • Plan de marketing

  • Comunicar en 360º

  • Creación e rexistro de marcas

Os cursos contemplados do programa formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que incluen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.

Máis información 695333087

Programa_XAS_2019