A xuíza Paz Filgueira imparte unha xornada sobre violencia de xénero en Bueu
A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu acolleu este luns pola mañá unha xornada técnica dirixida aos corpos de seguridade, a cargo de Paz Filgueira, actualmente Maxistrada do Xulgado núm 7 de Vigo, e que foi titular durante sete anos do Xulgado de Violencia contra as mulleres na mesma cidade. A xuíza falou sobre a violencia de xénero, os tipos penais, as medidas de protección e a valoración do risco.
No acto participou a concelleira de turismo, Silvia Carballo, quen salientou que “son importantes estas xornadas para concienciar e saber como actuar cando se produzan casos de violencias machistas”. A edil insistiu na importancia da concienciación desde a infancia como mecanismo para previr a violencia desde a base.
Ao longo das próximas semanas organizaranse desde o Centro de Información ás Mulleres (CIM) outras xornadas para profesionais, como a dirixida ao persoal sanitario e ao docente.