A Sala Multiusos do Centro Social do Mar acollerá dúas charlas sobre prevención
- Están organizadas pola sede local da Asociación Española contra o Cancro en Bueu, coa colaboración do Concello da localidade, e estarán impartidas por Lola Andújar, técnica de prevención da Asociación Española Contra o Cancro.
A sede local da Asociación Española Contra o Cancro en Bueu, en colaboración coa concellería de Benestar Social do Concello organizan o ciclo de charlas “Falando de prevención”.
A primeira destas charlas, que se centrará en hábitos de vida saudables, terá lugar o vindeiro martes, 21 de maio, ás 17.00 hrs. Pecha o ciclo, a conferencia que versará sobre tabaquismo, o próximo 11 de xuño, ás 17.00hrs.
Ambos os encontros serán na aula Multiusos do Centro Social do Mar en Bueu e serán impartidos por Lola Andújar, técnica de prevención da Asociación Española Contra o Cancro.
A entrada é libre ata completar aforo.
Este ciclo de charlas forma parte do plan de traballo anual entre a asociación e o Concello e ten como obxectivo o fomento de hábitos saudables entre todas as franxas de poboación.