A maxistrada Mª Paz Filgueira participou este martes nunha xornada organizada polo CIM d
O Concello de Bueu, a través da concellaría de igualdade, organizou este martes, 28 de xaneiro, a xornada técnica “Aspectos relevantes derivados dos procesos de ruptura. Valoración do risco penal. Especial referencia aos menores”. A charla, na que participaron arredor dunha trintena de profesionais, foi impartida esta mañá nas dependencias do CIM por Mª Paz Filgueira Paz, Maxistrada do Xulgado de 1ª Instancia de Vigo con funcións de familia.
Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, salientou no inicio que “son moi importantes estas charlas porque ultimamente parece que retrocedemos na defensa da igualdade”.
O obxectivo desta actividade é continuar coa formación como un dos piares básicos na loita contra as violencias machistas. Xa a finais do ano pasado se celebraron as xornadas de igualdade que incidiron en diversas áreas co fin de dotar ás persoas profesionais de ferramentas e claves á hora de afrontar casos de violencia de xénero. De feito, a maxistrada Mª Paz Filgueira participara na xornada do 30 de setembro, na que os corpos de seguridade e axentes puideron aprender sobre os tipos penais, as medidas de protección e a valoración do risco en casos de violencia contra as mulleres.