A corporación municipal celebrou o sorteo das mesas electorais
A corporación municipal do Concello de Bueu celebrou este luns, 22 de xaneiro, o pleno do sorteo das persoas que compoñerán as mesas de cara ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro. A sesión tivo lugar ás nove da mañá e fíxose de forma telemática en presenza do alcalde, dos concelleiros e concelleiras e de persoal municipal.
Haberá dezasete mesas nos diversos locais da Sala de Benestar Social, IES Johan Carballeira, CEIP A Pedra, Centro Social do Mar, Escola Náutico – Pesqueira, Casa da Aldea de Meiro, CEIP Torre Cela, Centro Sociocultural de Igrexario de Cela, Escola de Sanamedio, Escola de Cabalo, Casa do Pobo de Beluso, e CEIP Montemogos.
Durante o pleno deuse lectura dos nomes das persoas seleccionadas e de dúas suplentes, aínda que o sorteo se fixo para un total de catorce suplentes. Nos próximos días remitiranse notificacións ás persoas seleccionadas para formar parte das mesas electorais.