A concelleira de normalización lingüística asistiu ao Festival de Regueifas
A concelleira de normalización lingüística de Bueu, Silvia Carballo, participou este xoves no Festival de Regueifas que se celebrou no Auditorio de Cangas e no que participaron alumnos e alumnas dos centros educativos de secundaria de toda a comarca, e no que se entregou o roscón tradicional ao equipo gañador.
Ao longo das últimas semanas, os rapaces e rapazas realizaron un achegamento a estas coplas de tradición popular a cargo de Luis O Caruncho e Pinto de Herbón, e os e as finalistas asistiron ao Festival que se celebrou en Cangas. Segundo salientou Carballo ao remate, a actividade é a segundo ano que se organiza e ten un duplo obxectivo: normalizadora da lingua galega e de destreza lingúística (dada a compoñente improvisatoria).