O Concello poñerá un autobús para asistir á Manifestación pola Atención Primaria
O Concello de Bueu poñerá un autobús gratuíto para que todas as persoas que o desexen poidan asistir á MANIFESTACIÓN POLA ATENCIÓN PRIMARIA, convocada pola Asemblea de Áreas Sanitarias este sábado en Santiago de Compostela.
❗Data: Sábado, 26 de outubro.
Saída: 10.15 h desde enfronte do supermercado Gadis.
Volta: 14.00 h.
Non se precisa inscrición previa.