Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu convoca os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo

  • O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o 31 de xaneiro de 2019
  • Os premios están dotados con 1500 € en ambas categorías, amais da publicación do poemario gañador por parte da Editorial Xerais

O Concello de Bueu vén de convocar os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2020, e que contarán cunha dotación económica de 1500 € para ambas categorías amais da publicación no caso do de poesía, tal e como vén sendo habitual, por parte da Editorial Xerais.

As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: mediante o envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica e na páxina web do Concello de Bueu.

Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. O certame celebra este ano a vixésimo terceira edición na categoría de poesía e a décimo sétima na de xornalismo. Cunha gran historia ás súas costas, o pasado ano resultaron gañadores Aser Álvarez, na categoría de xornalismo, pola reportaxe “Ferrín e a poesía do circo” e Arancha Nogueira, na de poesía, por O silencio das gaivotas.

BASES XXIII PREMIO JOHÁN CARBALLEIRA DE POESÍA

BASES XVII PREMIO JOHÁN CARBALLEIRA DE XORNALISMO