Programa FICBUEU: Da curta á longa
Evento xa rematado
-
Data
8 septiembre, 2019
-
Hora
11:30 am - 1:00 pm
-
Sala Amalia Dominguez Búa
Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu
‘Da curta á longa’ será o título da conversa que o domingo 8 de setembro, ás 11.30 horas, vai protagonizar o director Xacio Baño, quen lle toma así o relevo a Rodrigo Cortés, convidado en 2018 para explicar este tránsito tan habitual no eido da dirección cinematográfica. Xacio Baño, galardoado co Premio á Mellor Curtametraxe Galega en varias edicións do FICBUEU, presentou a súa primeira longa, Trote, o pasado ano en Locarno. No relatorio, dinamizado polo tamén realizador Gaspar Broullón, revisará a súa traxectoria para afondar nas diferenzas á hora de abordar proxectos de diferente metraxe e os retos que lle supuxo mudar de formato.