Programa FICBUEU: A dirección de arte no cinema
Evento xa rematado
-
Data
7 septiembre, 2019
-
Hora
11:30 am - 1:00 pm
-
Sala Amalia Dominguez Búa
Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu
O FICBUEU organiza o 7 de setembro, ás 11.30 h, unha charla titulada «A dirección de arte no cinema» que terá lugar na Sala Amalia Domínguez Búa. Nela, Elia Robles introducirá na súa clase maxistral a metodoloxía e a importancia desta disciplina, achegando experiencias propias e compartindo co público do festival como enfronta a creación estética de cada novo proxecto. Será o sábado día 7, a partir das 11.30 horas. A convidada formou parte do Departamento de Arte do filme La sombra de la ley, recentemente galardoado co Goya á Mellor Dirección Artística, e vén de traballar con Amenábar ou Sánchez Arévalo. Na sesión farase ademais unha breve presentación da longametraxe Ons, na que Elia Robles se encarga da dirección artística, para o que tamén contaremos coa presenza de Alfonso Zarauza, director da fita.