Ciclo de charlas: O mar por diante
Evento xa rematado
-
Inicio
6 agosto, 2019
8:30 pm -
Fin
8 agosto, 2019
10:00 pm
O Ateneo de Pontevedra organiza no Museo Massó un ciclo de charlas titulado «O mar por diante», que se celebrarán do 6 ao 8 de agosto ás 20.30 horas.
Así, o martes 6 será a quenda de Xosé Luís Suárez Canal e Silvia García González, quen falarán sobre José Suárez e Maruja Mallo e asúa estadía en Bueu no verán de 1936.
O 7 de agosto, co título de «Carballeira Total», Francisco R. Pastoriza presentará o libro «A obra xornalística de José Gómez de la Cueva» e Lucía Novas e Xosé María Álvarez Cáccamo conversarán arredor do poemario «Cartafol» (autoría do propio Carballeira).
O 8 de agosto, o tema será a emigración e a estadía en América dalgúns dos artistas e intelectuais que antes estiveran en Bueu, e do que nos falarán Xaime Domínguez Toxo e Arturo Sánchez Cidrás.