Anuncio pleno ordinario abril 2019
O 1 de abril celébrase ás 20.00 h a sesión plenaria ordinaria da corporación. Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2019-0003, ordinaria do 04.03.2019).
A.2.- Proposta da alcaldía de aprobación do Expediente de Recoñecemento Extraxudicial de créditos 2/2019. Expediente 688/2019.
A.3.- Elección do Xuíz de Paz titular do Xulgado de Paz de Bueu. Expediente 2932/2018.
A.4.- Moción conxunta dos grupos municipais do BNG, PSOE E ACB-SON para demandar a exención da pesca accidental, dentro da modalidade de pesca artesanal, do sistema de tac,s, e cotas implantado pola UE.
A.5.- Moción conxunta dos grupos municipais do BNG, PP, PSOE E ACB-SON de apoio ao comedor social de Cangas.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
B.3.- Comunicación de Alcaldía de dación de conta ao Pleno do Acordo da XGL de Solicitude de autorización de uso do remanente Subministro de Estores e Vinilos.
C) ROGOS E PREGUNTAS