Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: Memoria do silencio, de Eva Mejuto

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 14 de marzo, ás 20.30, a presentación de Memoria do silencio, de Eva Mejuto. O acto terá lugar na Sala Amalia Domínguez Búa e contará coa presenza da concelleira de infancia e mocidade, Macu Rodríguez, de Daniel Chapela e da autora.

SINOPSE: Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade. Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22 segundos.