Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bueu acolle o 23 de marzo a I Carreira e Andaina pola Diabete

  • A proba, que constitúe a primeira destas características a nivel galego, nace cun fin solidario e recadará fondos para a Fundación Diabetes Cero

O Concello de Bueu e a Asociación da Banda do Río organizan o 23 de marzo unha carreira e andaina para recadar fondos a favor da Fundación Diabetes Cero. As inscricións para a carreira de cinco quilómetros deberán facerse a través da web de Galitiming (antes do 21 de marzo), as da andaina dun quilómetro o mesmo día, e as dos nenos/as, nos centros educativos da vila ou tamén o propio día.

As probas tomarán a saída á altura do Museo Massó, na Avda Montero Ríos a partir das 17.30 h para as categorías inferiores, ás 18.30 h a carreira absoluta e ao rematar esta, en torno ás 19.15 h, sairá a andaina. Tal e como destacou Manolo Otero, concelleiro de deportes, na rolda de prensa celebrada este venres, “trátase do primeiro evento que se fai en toda Galicia para axudar á Fundación Diabete Cero”.

Na carreira haberá tres categorías inferiores, que percorrerán distancias diferenciadas: a categoría 1, na que se inclúen nados entre o 2013 e o 2016, fará 200 m, a categoría 2, para os nacidos entre 2008 e 2012 a distancia será de 400 m, e para os da terceira categoría, na que se insiren os nados entre 2005 e 2007, 800 m. En canto á carreira absoluta, a distancia total será de 5 quilómetros e nela poderán apuntarse todas as persoas de 15 anos en diante, aínda que clasificadas noutras tres categorías: promesa (de 2000 a 2004), senior (de 1975 a 1999), e veterán (1974 e anteriores).

A andaina constará dun quilómetro e nela pode participar todo a cidadanía, con inscrición o mesmo día da proba a cambio dun donativo para a Fundación Diabetes Cero. Tal e como consta no regulamento, ao remate da mesma, un representante da fundación impartirá unha charla sobre a enfermidade e a labor da asociación na axuda á investigación da mesma.

Ademais, e dado que o carácter da proba é eminentemente solidario, existe a posibilidade de colaboración cun dorsal simbólico “0”. Os premios constarán de trofeo para os tres primeiros clasificados/as na carreira absoluta, e medallas para todos os participantes/as das categorías inferiores.

Na rolda de prensa estiveron presentes o alcalde e o concelleiro de deportes, membros da Fundación Diabetes Cero (Salvador Budiño, Lina Santos e Miguel de la Torre), o presidente da Asociación de Veciños da Banda do Río, Óscar Veiga, e o presidente dao Club de Atletismo Corredoiras, Ricardo Verde.

Regulamento I Carreira e Andaina pola Diabete Bueu