Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Campaña «Separar con xeito»

Evento xa rematado

A campaña «Separar con xeito» recala este xoves, 20 de decembro, no mercado de Bueu entre as 11 e as 13 horas.

Esta campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

En concreto, Separar con Xeito de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento.