Charla Mulleres que mudan o mundo
Evento xa rematado
-
Data
23 noviembre, 2018
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
-
Sala Amalia Dominguez Búa
Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu
Lideresas indíxenas de Guatemala percorrerán esta semana varios puntos de Galicia para dar a coñecer a súa loita na defensa dos dereitos das mulleres e do territorio, unha ruta que incluirá parada en Bueu, este venres, 23 de novembro, ás 19.00 h cando ofrecerán unha charla na Sala Amalia Domínguez Búa.
A iniciativa está impulsada pola Deputación de Pontevedra dentro do proxecto «Mulleres que mudan o mundo», coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGD, unha entidade formada por 46 organizacións que traballan no campo da cooperación internacional. A charla será impartida por Juventina López, activista, mediadora de conflictos, guía espiritual, indíxena mam e filla dun líder comunitario que loitou pola recuperación de terras ancestrais; e Ita Xocol, de 23 anos, unha defensora dos dereitos das mulleres k’iche’ en Nahualá, en Guatemala.