FICBUEU: Monólogo Carlos Blanco
Evento xa rematado
-
Data
9 septiembre, 2018
-
Hora
10:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
Carlos Blanco chega o 9 de setembro ás 22 h. ao FICBUEU con algúns dos seus mellores monólogos. O humorista e actor, vello amigo do festival, ofrecerá unha das escasas actuacións que realizará este ano en solitario, aínda que non estará realmente só, xa que vai contar coa colaboración especial da comparsa bueuesa Vou nun Bou, da que forma parte hai algún tempo. Logo de dous espectáculos realizados con Luis Davila e tras xirar con Xosé Touriñán coa proposta ‘Somos criminais’, está por ver se no Centro Social do Mar falará dos kiwis, de Galizara, de Bueu, da dobraxe porno en Galicia ou da serie ‘Fariña’, éxito de audiencia que vén de coprotagonizar.
Carlos Blanco é autor de recoñecidos e celebrados monólogos humorísticos e director e cocreador do espectáculo ‘O país da comedia’. Ten traballado tamén en cine, televisión e radio. Como actor participou en filmes como Heroína, de Gerardo Herrero, ou Volver, de Pedro Almodóvar. Na pequena pantalla apareceu en numerosas series como Lobos, El comisario ou a xa citada Fariña, producida por Bambú para A3, alén de coprotagonizar a histórica serie Mareas vivas da TVG. Traballou tamén na radio máis de 15 anos entre Radio Galicia (SER), Ondas Galicia e a Radio Galega.