Inauguración FICBUEU
Evento xa rematado
-
Data
7 septiembre, 2018
-
Hora
8:30 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O 11º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) botará a andar o venres 7 de setembro ás 20:30 horas coa actuación de The Alley Stompers, unha singular proposta musical que recreará a atmosfera da New Orleans dos anos 20 e 30 nas inmediacións do Centro Social do Mar.
Ás 21 horas terá lugar a inauguración institucional do certame, que dará paso á estrea das curtametraxes realizadas durante o último curso nos obradoiros da Área Social do FICBUEU, apoiada pola Obra Social ’la Caixa’. Trátase dos títulos Conspiración romántica, elaborado no Colexio de Educación Especial de Vilagarcía; Fala calado, autoría da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (ADICAM), e A mentira secreta, obra da Asociación Juan XXIII de Cangas.
A premiere contará coa asistencia das e dos creadores das curtas, así como de algúns dos coñecidos rostros que as protagonizan: Morris, Manquiña, Mónica Camaño, Francis Lorenzo, Diana Sieira, David Amor, Sabela Hermida… O acto estará ademais amenizado polo pianista Severiano Casalderrey e a violinista Amara Ríos. A continuación, terá lugar unha cata de viños cortesía de Don Pedro de Soutomaior (D.O. Rías Baixas) no Punto de Encontro do FICBUEU, ubicado na sala de exposicións Amalia Domínguez Búa, previa ao concerto de Xoel López.