Unha xornada destinada á patinaxe artística
- Este sábado celebrarase o I Trofeo Concello de Bueu de Patinaxe Artística no Pavillón Municipal Pablo Herbello
O Club Ánfora e o Concello de Bueu, entre outras entidades, organizan este sábado, 14 de xullo, o I Trofeo de Patinaxe Artística no Pavillón Municipal Pablo Herbello co obxectivo de “intentar institucionalizar un campionato de apoio desta disciplina, tal e como destacou Manolo Otero, concelleiro de deportes, na rolda de prensa que se celebrou esta mañá e na que estivo acompañado de Alberto Covelo, director técnico do Club Ánfora.
Segundo Covelo, “trátase de dar cabida ao maior número de patinadores/as das escolas de Bueu, Cangas e Marín”. As probas disputaranse a partir das 10 horas nos diversos niveis, desde o I ata o 8, ademais do absoluto masculino e grupos show, cun cento de participantes.