Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu abre as preinscricións para participar no ‘Verán activo’

Participantes durante os obradoiros do verán 2017

  • O prazo de solicitude está aberto dende o 15 ata o 22 de xuño, e pode facerse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica
  • O programa de actividades desenvolverase do 1 de xullo ao 31 de agosto nas instalacións do CEIP A Pedra

O Concello de Bueu, a través da concellaría de Mocidade, abre este venres, 15 de xuño, as inscricións para participar no programa Verán Activo, que inclúe actividades lúdico – educativas e de animación para o tempo de lecer e que se desenvolverá do 2 de xullo ao 31 de agosto nas instalacións do CEIP A Pedra, entre as 9 e as 14 horas.

O programa vai dirixido á rapazada de 3 a 12 anos , e as preinscricións realizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello ou na Sede Electrónica antes do 22 de xuño, mediante instancia xenérica.

En total ofértanse 60 prazas distribuídas en tres grupos. O primeiro desenvolverase cinco días á semana e ten un custe de 70 € ao mes. O segundo inclúe tres días á semana, e custa 42 €  mensuais e o último consta de dous días semanais e custa 28 € mensuais.

A admisión farase tendo en a orde de preinscrición, e posteriormente mediante sorteo público. Tras a selección, convocarase unha reunión con todas as persoas para tratar sobre a organización e a fórmula de pagamento.

Co obxectivo de combinar coñecemento con diversión, ao longo destes dous meses combinaranse obradoiros sobre arte, historia, teatro, deporte e natureza, desde unha perspectiva local.

PREINSCRICIÓN SEDE ELECTRÓNICA

MODELO SOLICITUDE VERÁN ACTIVO 2018