Apertura da Oficina de Turismo e da Aula da Natureza de Cabo Udra durante a Semana Santa
O Concello de Bueu abrirá a Oficina de Turismo e a Aula de Natureza de Cabo Udra durante esta Semana Santa. Os servizos da Oficina de Turismo comezarán a funcionar este sábado, 24 de marzo, en horario de 10 a 15 e de 17 a 20 horas.
E a Aula de Natureza de Cabo Udra terá xornada de atención ao público de 11 a 19 horas, na que tamén se ofrece a posibilidade de realización de rutas diarias, de mañá e tarde, por Cabo Udra, a petición dos usuarios/as. Ambos servizos estarán abertos ata o 1 de abril.
Así mesmo, a concellaría de deportes organiza o mércores 28, entre as 11:00 e as 13:00 horas una sesión de multideporte alternativo na Praza Massó. A actividade vai destinada a todas as persoas que se acheguen e non se precisa inscrición previa. Entre os deportes que se van practicar están o floorball e o bádminton, entre outros.