Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación literaria «O branco non pinta!» de Antía Otero e «Lumes» de Ismael Ramos

Evento xa rematado

A Libraría Miranda de Bueu e a editorial Apiario organizan o 3 de marzo dous actos literarios.

Ás 11.30 horas, a Xoguetería El Parque acollerá a presentación do libro infantil «O branco non pinta!», con contacontos de Antía Otero e ilustracións en directo de María Brenn.

Ás 12.30 horas será a quenda de Ismael Ramos e o seu novo poemario, «Lumes», acto que terá lugar na Sala Amalia Domínguez Búa e no que participarán Míriam Ferradáns (poeta) e Antía Otero (editora).