Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno febreiro

Terá lugar o vindeiro luns 5 de febreiro, ás 20.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello

O vindeiro 5 de febreiro, ás 20.00 horas, vai ter lugar a sesión plenaria da corporación de Bueu. Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1. Aprobación da acta da sesión anterior (acta núm. 01/2018 correspondente coa sesión ordinaria do mes de xaneiro de 2018 celebrada o 18/01/2018).
2. Proposta da alcaldía relativa á aprobación do Plan Normativo do Concello de Bueu correspondente a 2018.
3. Proposta de alcaldía relativa á Aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos núm. 01/2018.
4. Moción conxunta dos GPM relativa ao Manifesto da Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU) relativo ao Porto Cabral.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
1. Dación conta do período medio de pago correspondente ao cuarto trimestre do ano 2017.
2. Dación conta da Memoria de seguemento do PLAN DE AXUSTE correspondente ao cuarto trimestre do exercizo 2017.
3. Dación conta das Resolucións da Alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria.

Convocatoria pleno febreiro 2018