Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno extraordinario xaneiro 2025

A corporación municipal celebra este xoves, 30 de xaneiro, un pleno extraordinario que terá lugar ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1Aprobación, se procede, da acta núm. 2024-0014 correspondente á sesión extraordinaria do 21.11.2024.
2Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da transferencia á Deputación de Pontevedra de funcións e/ou actividades inherentes á subscrición do Convenio para a execución do proxecto + Rueiro. Expediente 432/2024.
3Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, de levantamento de reparo suspensivo e recoñecemento extraxudicial de créditos núm. 2025-1. Expediente 129/2025.


B) ACTIVIDADE DE CONTROL
Non hai asuntos

C) ROGOS E PREGUNTAS