Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Curso de autoestima para mulleres

  • O curso desenvolverase os días 5, 12, 19 e 26 de marzo e as inscricións poderán facerse a través do teléfono 986324365 ou no enderezo electrónico psicologacim@concellodebueu.gal

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu organiza un novo taller para reforzar a autoestima das mulleres, co que se pretenden ofrecer ferramentas para que poidan exercer unha vida plena e valorar as propias capacidades.

O curso desenvolverase os días 5, 12, 19 e 26 de marzo, e as inscricións deben facerse de balde a través do teléfono 986324395 ou no enderezo electrónico psicologacim@concellodebueu.gal.

O taller estará impartido por Beatriz Monroy, psicóloga do CIM, e nel abordaranse cuestión como a definición da autoestima e a súa construción, exercicios para a confianza persoal, técnicas para descubrir os recursos persoais e afrontar os pensamentos negativos, así como a creación dun discurso sobre a propia valoración persoal. O obxectivo é que as participantes poidan modificar as súas debilidades e mellorar as súas fortalezas para lograr avances na súa vida persoal e profesional.