Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Faladoiro sobre ACCEM

O Centro Social do Mar acollerá o próximo xoves, 30 de xaneiro, ás 18.30 horas un faladoiro aberto arredor de ACCEM, unha ONG que traballa con persoas refuxiadas, inmigrantes en situación irregular ou en situación de risco social.

A charla levará por título «Solidariedade, migración e vida comunitaria» e nela convidarase a toda a cidadanía así como asociacións e colectivos a que coñezan o traballo da ONG e poidan intercambiar ideas e propostas.