Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello entregou os premios do II Certame de Decoración ‘Bueu, sente o Nadal’

  • O acto celebrouse este luns no salón de plenos da Casa do Concello en presenza do alcalde e da concelleira de cultura
  • As persoas e colectivos gañadores fixéronse con bonos para o comercio local

O Concello de Bueu organizou este luns ao mediodía un acto polo II Certame de Decoración de Nadal, no que se entregaron os premios ás persoas gañadoras, consistentes en vales para o comercio local. Carmen García, concelleira de cultura, destacou “a calidade e a cantidade das propostas presentadas nesta segunda edición do certame que continuaremos convocando en próximos anos”. Pola súa banda, Félix Juncal, alcalde da vila, agradeceu aos e ás participantes e fixo unha mención especial á veciñanza do barrio de Sar, na parroquia de Beluso, “pois tomaron a iniciativa para decorar todo o barrio e, máis alá do espírito de Nadal, fomentaron a relación entre as persoas da aldeas que se está perdendo nos últimos anos”.

Ao certame concorreron 33 propostas, e en total outórganse varios premios divididos en tres categorías. Na categoría individual, na que había oito candidaturas, o 1º premio foi para Isabel Pérez Miranda, quen se fai cun bono de 200 €, o 2º para Gonzalo Sampedro Paz, e bono de 100 €, e o 3º para María Asunción Leal Estévez, e 50 € de bono. Mentres, na categoría colectiva, con once propostas de asociacións e comunidades veciñais, o 1º premio, dotado cun de 300 €, foi para a veciñanza de Sar, o 2º de 200 €, para a Propiedade Comunitarios Castelao 8, e o 3º, de 100 €, para María del Carmen Rey Soto. Por último, na categoría de escaparates comerciais e hostalaría, con catorce participantes, o 1º premio, cunha contía de 300 €, foi para Oxford Boutique, o 2º, de 150 €, para Gáidil e o 3º, de 100 €, para Petit Salon.

Os premios foron decididos por un xurado composto por Carmen García, concelleira de cultura, Isabel Quintás, tenente de alcalde, e Alberto Moital, edil de patrimonio.