Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno xaneiro 2025

A corporación municipal de Bueu celebra o luns 20 de xaneiro o pleno ordinario, que será ás 20.00 horas no salón de plenos.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (núm. 2024-0013, ordinaria do 04.11.2024).
A.2.- Aprobación, se procede, da modificación da composición da mesa de contratación permanente do Pleno. Expediente 1094/2018.
A.3.- Aprobación, se procede, da Conta Xeral correspondente ao ano 2023. Expediente 2181/2024.
A.4.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, de informe favorable para a autorización da compatibilidade do profesor de música, adscrito ao posto co código 08.02.00.02 da RPT. Expediente 152/2025.
A.5.- Aprobación, se procede, da modificación da composición das Comisións Informativas Permanentes e denegación da solicitude do concelleiro non adscrito de integrar a Mesa Local de Comercio. Expediente 2046/2023.
A.6.- Aprobación, se procede, da moción do membro non adscrito Daniel Chapela Durán para o coidado das parroquias.
A.7.- Aprobación, se procede, da moción do membro non adscrito Daniel Chapela Durán para a dinamización da Praza de Abastos.


B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
B.3.- Actividade de control: Mocións urxentes.

C) ROGOS E PREGUNTAS