Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Conferencia de Xaime Estévez

Evento xa rematado

A Asociación Cultural Novos Ventos de Beluso organiza o 23 de novembro unha conferencia con Xaime Estévez co gallo do Día de Santa Cecilia.

Neste acto, que terá lugar ás 18.30 h na Casa do Pobo de Beluso, falarase do libro de Xaime Estévez, o cal contén 18 partituras de 18 mestres da gaita galega para piano elemental, e entre as que atopamos as de Anxo Gago, máis coñecido como «Lito de Pinténs».

SINOPSE: Gaiteiros ao piano. 18 pezas de mestres de gaita para piano elemental

Xaime Estévez Vila (Profesor superior de Musicoloxía, Pedagoxía Musical, Lenguaxe Musical e Piano; Doutor en Ciencias da Educación; Catedrático de Música en Secundaria; Premio Fundación Guerrero de musicoloxía do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid polo traballo sobre a vida e obra do maestro Soutullo -1992- e Premio Extraordinario de doutorado da UNED -2006- pola tesis sobre a aplicación didáctica da música gallega):

«Cando descubrín a miña vocación pola música encetei de primeiras piano e ao pouco coa gaita. Dende sempre lembro «xogar» coas melodías tradicionais no teclado. Entre o piano e a gaita (e tamén a zanfona, acordeón ou a frauta) certas melodías foron facéndose familiares na miña paisaxe sonora instrumental. Por último xuntáronse hai pouco varias ideas que confluíron finalmente neste álbum de pezas para piano. Con toda humildade estou agradecido e orgulloso de tributar este recoñecemento á tradición musical coa honestidade que me fai incluír a estes gaiteiros e gaiteiras como parte imprescindible da mellor cultura galega que permite que a tradición siga viva a través das mulleres e homes do presente