Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Alzheimer de preto: xornadas de formación sobre alzheimer e outras demencias

Evento xa rematado

A Federación Atlántica de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias (FADEAL), en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Bueu, organiza o 15 e 16 de outubro pola tarde «Alzheimer de preto», unhas xornadas de formación sobre alzheimer e outras demencias que se destinan a persoas coidadoras, familiares, persoas diagnosticadas en fase temperá e público interesado.

As xornadas desenvolveranse o martes 15 e o mércores 16 de outubro, entre as 17.00 e as 19.00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa. Nela intervirán Rocío Romero Rouco e Romina Ferral García, psicóloga e traballadora social de Afamo, que explicarán cuestións como o diagnóstico, os factores de alarma, as pautas de comportamento, os tratamentos farmacolóxicos, avances na investigación, recursos de apoio psicolóxico, recursos sociais e xurídicos.

Díptico ALzheimer de Preto BUEU