Actividades medioambientais Cabo Udra: obradoiro infantil «Comedeiros para aves»
-
Data
5 octubre, 2024
-
Hora
5:00 pm - 6:30 pm
O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.
Coincidindo co Día Mundial das Aves, o 5 de outubro ás 17 horas desenvolverase o obradoiro infantil sobre comedeiros para aves, no que se elaborará un destes recipientes con material natural e se aprenderá a “cociñar” unha receita coa cal axudar a sobrevivir ás aves paseriformes no duro inverno.
Os datos da actividade son os seguintes:
Cando: Sábado 5 de Outubro
Horario: 17 e as 18,30 h
Lugar: Aula da Natureza de Cabo Udra (Bueu)
Actividade para Familias. Menores a partir dos 4 Anos