Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actividades Cabo Udra: Día Mundial das Aves

Evento xa rematado

O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.

A fin de semana do 19 e 20 de outubro organizaranse diversas actividades con motivo do Día Mundial das Aves.