Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Outubro de contos: «Onde viven os monstros» de Carmen Domech

Evento xa rematado

Outubro é o mes das bibliotecas, e o Concello de Bueu celébrao cunha nova rolda de contos, no marco do programa “Outubro de contos” e do “Ler conta moito”, que xa tivo sesións en abril e en xuño deste ano cun gran éxito de público.

Dende a concellaría de cultura e bibliotecas, dirixida por Carmen García, preséntanse agora tres novas obras que encherán as bibliotecas de amor polas palabras co fin de achegar a lectura á cativada.

O martes 15 de outubro, ás 17.30 horas, na Biblioteca Municipal de Beluso, poderase gozar da actividade “Onde viven os monstros” de Carmen Domech, unha historia chea de humor e diversión, na que Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento.