Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Copa Xunta da Galiza de Chave e Billarda

Evento xa rematado

Este sábado, 14 de setembro, o campo municipal de Bueu acollerá un dos eventos importantes organizados pola Federación Galega de Deporte Autóctono: a Copa Xunta da Galiza de Chave e Billarda. Será o terceiro ano consecutivo que as finais se televisen pola TVG2 (a billarda en directo ás 16.30 horas e a chave o domingo en diferido nun horario aínda por confirmar), unha nova oportunidade de achegarse a estes deportes como ocorrerá con motivo da Super Copa, en abril, e do campionato de seleccións, en xullo.

No caso da chave só poderá verse no Morrazo a final de Primeira División, que enfrontará ao Ans contra o San Cristóbal -primeiro e segundo respectivamente na liga da tempada pasada- e as dúas categorías seguintes disputaranse na Coruña. No caso da billarda, para chegar ao podio haberá catro semifinais. Na A competirán Berdi, Irene, Antía e Ricar; na B xogarán Xan, Bego, Roy Torres e Novas; na C estarán Enrique, Ainhoa, Aldara e Bonxe; e na C a disputa será entre Abel Ponte, tania, Migui e Luis Camiña.