Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Curso de ioga para vítimas de violencia de xénero

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) organiza un curso de ioga gratuíto para vítimas de violencia de xénero, que se celebrará en Pontevedra. As mulleres que desexen participar deberán poñerse en contacto con CIM nas dependencias da rúa Eduardo Vincenti 24, ou no enderezo electrónico cim@concellodebueu.gal.

As clases serán todos os xoves ás 10.50 h e nelas aprenderanse técnicas de respiración, relaxación, mindfulness e meditación.