Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mercado solidario Cáritas Bueu

  • Ao igual ca en anos anteriores, estará no baixo da r/ Pazos Fontenla, 40, do 3 ao 20 de agosto, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.30 a 21.00 horas

Un ano máis, Cáritas Bueu organiza o mercado solidario de verán, que se desenvolverá do 3 ao 20 de agosto nun baixo comercial da rúa Pazos Fontenla, 40. O horario será de 10.00 a 13.30 e de 17.30 a 21.00 horas, e as persoas que se acheguen poderán facerse, entre outros, con produtos de electrónica, roupa, xoguetes ou libros, que foron doados por persoas particulares e institucións públicas e privadas.

Esta iniciativa, que xa conta cun percorrido de máis dunha década, ten dous propósitos: obter máis fondos para a atención prestada ás familias durante todo o ano, e dar a oportunidade de que as persoas bueuesas e visitantes se sintan colaboradoras desta acción social que é posible grazas á doazón de produtos de forma solidaria por parte do comercio local e das persoas voluntarias.