Paseo familiar «Rastros de animais»
Evento xa rematado
-
Data
11 agosto, 2024
-
Hora
11:00 am - 12:30 pm
O Concello de Bueu organiza diversas actividades medioambientais na Aula da Natureza de Cabo Udra, que terán lugar ao longo do mes de agosto e que contan co financiamento do GALP Ría de Pontevedra.
O 11 de agosto haberá un paseo familiar de exploración da contorna no que realizaremos unha achega ás especies de fauna terrestre máis emblemáticas e características deste zona, á vez que realizamos unha introducción á técnica de seguemento de rastros e sinais de animais.
Os datos da actividade son os seguintes:
- Data: Domingo 11/08
- Duración: 1 h e media
- Horario: De 11 a 12,30 h
- Punto saída: Aparcadoiro Praia de Ancoradouro
- Destinatarios: Público Familiar. Menores a partir de 5 anos.
- Aforo: 25 participantes
- INSCRICIÓNS