Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festa Día do Carme

O 16 de xullo é a festividade do Carme, e celebrará a tradicional procesión marítima e o espectáculo de pirotecnia. Os actos arrancarán xa a primeira hora da mañá, co pasarrúas ás 10.30 horas a cargo da Banda de Música Cultural de Barro. Ás 12 horas será a misa na honra da Virxe do Carme co Coro de Cela-Lestonnac na Igrexa Parroquial de San Martiño, onde haberá alfombras florais realizadas polo Colectivo Independentes xunto coa Asociación O Pampillo de Castropol, seguida de procesión ata a lonxa. Xa pola tarde, os oficios relixiosos serán na Lonxa coa música da Coral Polifónica de Bueu e un baile á Virxe coa agrupación Peis d’hos. Xa despois arrancará a procesión marítima coa Banda de Música de Bueu. No espazo da contorna da Lonxa tamén lucirán tapices florais elaborador por Cunchas e Flores con alfombristas de Rianxo, Ames, A Estrada e Ponteareas.

Pola noite, a partir das 22 horas, haberá festa coa orquesta Platinum e a media noite, gran espectáculo pirotécnico que se lanzará por primeira vez dende o mar e que se poderá ver dende a praia da Banda do Río.