Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección documental «DÉP. Destruír É o Plan»

O Concello de Bueu e a Plataforma Sos Sanidade Pública organizan o 4 de xullo a proxección do documental DÉP. Destruír É o Plan, que se poderá ver de balde a partir das 20.30 horas no Centro Social do Mar.

O filme aborda os motivos polos que a morte evitable está aumentando en Galicia. Trátase dun vídeo ameno e áxil que conta coa colaboración de expertos e profesionais sanitarios así como entrevistas con testemuñas que están a sufrir as consecuencias do colapso do noso sistema sanitario.

Trala proxección, tamén está previsto un coloquio con Manuel Martín, voceiro de Sos Sanidade.