Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu implanta un novo servizo de comunicación e incidencias a través dunha aplicación móbil

  • Grazas a esta iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra, a veciñanza do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece a APP Meu Concello.
  • Este servizo serve como canle directa de comunicación dos desperfectos que se detecten no equipamento urbano del municipio

O Concello de Bueu estrea a APP Meu Concello, que estará dispoñible a partir do mércores, 12 de xuño. A través desta canle directa de comunicación, a veciñanza pode poñer en coñecemento do Consistorio aqueles desperfectos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así poder dar solución ás cuestión comunicadas.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Meu Concello. Para iso, a persoa usuaria accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android /iOS). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuíta. Posteriormente deberase selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia, e a partir dese momento, xa comeza a funcionar o servizo de forma gratuíta, rápida e sinxela.

Para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón “Nova incidencia”. Un despregable coas diversas tipoloxías aparece na pantalla, e a persoa usuaria selecciona a que quere comunicar. De forma automática, a aplicación detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto, e o seguinte paso é engadir unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. A partir de aí, unha vez enviada, o persoal do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado, e xa se inician os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán ou cidadá recibe á súa vez notificación no teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado, e tamén pode facer seguimento da situación na que se atopa a mesma a través do botón de “Enviadas”.

 Ademais de comunicar a incidencia, a cidadanía pode acceder á información propia do municipio ao igual que aos puntos de interese do mesmo. A través do botón “Noticias e Alertas” tamén se ofrecerá información en tempo real de todas as comunicacións que o Concello emita. 

Ao servizo Meu Concello tamén se pode acceder a través do dominio https://bueu.meuconcello.com. Basta con introducir unhas claves de acceso para así  poder utilizar  todas as funcionalidades que ofrece a ferramenta.

Dende o Concello de Bueu anímase a todos a veciñanza da localidade a utilizar a APP Meu Concello. A través da implantación desta canle directa de comunicación, o Concello coñecerá as necesidades reais do municipio para así poder atender con maior axilidade as peticións e demandas.