Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación musical do libro – disco «Son Animal» con Paco Nogueiras e Marc Taeger

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 22 de xuño a presentación do libro – disco Son Animal, de Paco Nogueiras e Marc Taeger. O acto terá lugar ás 12 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: Un novo libro-disco de Paco Nogueiras dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidísimas cancións para cantar e bailar a calquera idade.

O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña, o zunir do mosquito… Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste traballo co que viaxamos polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock and roll, dende unha fanfarra circense até unha melodía de influencias andinas.

As coloridas ilustracións de Marc Taeger permiten imaxinar esa granxa divertida e as páxinas finais do libro achegarán a lectores e lectoras adiviñas, refráns e ditos da nosa tradición oral que falan dos protagonistas deste SON