Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa Ler conta moito: «Maxia divertida, cantamaxias» do Mago Paco

Evento xa rematado

Logo do éxito colleitado no mes de abril, o Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas, continúa en xuño co programa “Ler conta moito”, no que se promoverán diversos contacontos nas bibliotecas municipais co fin de achegar a lectura á cativada.

O 12 de xuño, ás 18.30 horas, o Mago Paco trae ao Parque Ramal dos Galos “Maxia divertida, cantamaxias”, unha unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos.