Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Anatomía dunha caída»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu proxectará «Anatomía dunha caída» de Justine Triet, que se poderá ver o 12 de abril no Centro Social do Mar ás 21.00 horas. A cota de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuel e o seu fillo cego, Daniel, nun chalet no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel falece en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é arrestada e xulgada por asasinato, e o proceso pon a súa complexa relación e personalidade no punto de mira.