Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Contacontos «A miña historia» de Trémola Teatro

Evento xa rematado

O venres 23, coincidindo co Día de Rosalía, na Sala Multiusos do Centro Social do Mar terá lugar a partir das 17.30 horas un contacontos con Trémola Teatro titulado “A miña historia”, no que se presenta a historia de Andrea, unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. As crianzas deberán axudala a que todo o mundo se lembre dela, polo que é unha boa oportunidade para coñecer á poeta galega.