Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XLI Festival de Comparsas a prol do Bueu Atlético Balonmán

Evento xa rematado

O 16 de febreiro, o Pavillón Municipal Pablo Herbello vibrará coa música das comparsas no XLI Festival de Comparsas a prol do Bueu Atlético Balonmán, que se poderá ver a partir das 21 horas e que estará presentado pola actriz Bea Campos. Cunha capacidade para aproximadamente 900 persoas, nel actuarán as comparsas de Bueu e Marcha Loca, e prevese que as entradas estean á venda nas librarías da vila a partir da vindeira semana a un custe de 8.00 €.