Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «O triángulo de la tristeza»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o 15 de decembro a proxección do filme O triángulo da tristeza, que se poderá ver a partir das 21.00 horas no Centro Social do Mar. A cota de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: despois da Semana da moda, Carl e Yaya unha parella de modelos e influencers, son convidados a un iate nun cruceiro de luxo. Mentres a tripulación brinda todas as atencións necesarias aos ricos convidados, o capitán négase a saír da súa cabina, a pesar da inminente chegada da célebre cea de gala. Os eventos toman un xiro inagardado e o equilibrio de poder invírtese cando comeza unha tormenta que pon en perigo o confort dos pasaxeiros.