Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xuntanza de presentación da Asociación Amodiño

Evento xa rematado

A Casa do Pobo de Beluso acollerá o 2 de decembro, ás 11 horas, unha xuntanza de presentación da Asociación Amodiño. O obxectivo é dar a coñecer os proxectos desta asociación e crear unha canle de comunicación onde as Anpas do Morrazo e as familias poidan expresas as súas necesidades como colectivo coa finalidade de darlles resposta, ben a través de formacións para pais / nais ou ben a través de actividades / obradoiros para os seus fillos.

A actividade está aberta ás Anpas e familias en xeral, e haberá un espazo con monitoras/es como servizo de gardería para atender aos/ ás pequenos/ as mentres se leva a cabo a xuntanza.