O Concello de Bueu abre o prazo de licitación para a adquisición dunha desbrozadora de brazo para tractor
- As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas económicas ata o 14 de novembro para levar a cabo esta actuación financiada co Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra
O Concello de Bueu abre o prazo para que as empresas interesadas poidan presentarse para o contrato de adquisición dunha desbrozadora de brazo para tractor. O anuncio vén de publicarse na Plataforma de Contratación do Sector Público, e establécese que o prazo de presentación de ofertas esténdese ata o vindeiro 14 de novembro.
O orzamento base de licitación ascende a 18.150 €, IVE engadido, e finánciase con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.
A empresa que resulte adxudicataria deberá facer o subministro dunha desbrozadora de brazo a estrenar, que será instalada nun tractor marca New Holland modelo T6050, que é o propiedade do Concello e que se utiliza normalmente para acometer labores de limpeza e roza dos camiños municipais. A garantía desta peza será dun ano e terá que entregarse na Nave de Obras e Servizos de Concello, sita no Polígono Industrial de Castiñeiras.