Galp
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro formada por entidades públicas e privadas que colabora na xestión dos recursos do Fondo Europeo Marítico e de Pesca (FEMP)para desenvolver e dinamizar, desde a sostibilidade, a zona marítimo pesqueira da ría e a súa área de influencia.
Desde 2007 o GALP da Ría de Pontevedra apoiou proxectos moi diversos, como melloras en instalacións portuarias, programas gastronómicos, rutas turísticas ou xornadas de exaltación de produtos da pesca extractiva.Tamén se apostou pola divulgación da cultura mariñeira, a etnografía e a industria conserveira tradicional.